Monday 16 de September de 2024

Incendio dun vehículo na estrada A – 54 no kilómetro 80 en dirección Arzúa, no concello do Pino


O Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Arzúa participaron esta mañá  nun operativo derivado por un incendio dun vehículo na estrada A – 54 no kilómetro 80 en dirección Arzúa, no concello do Pino.

Á súa chegada realizaron unha inspección perimetral do vehículo observando que estaba ardendo por completo, tanto o motor como o interior do mesmo. Os propietaros do coche xa se atopaban fóra do mesmo sin ningún dano.

O operativo procedeu a extinción do lume, arrefriando a zona para poder abrir o portón do motor e o do maleteiro para así extinguir por completo o lume. Unha vez rematada a extinción, procedeuse a limpeza da propia autovía.

Completraron o operativo a Garda Civil de Tráfico de Santiago.